Esta agrupación é o resultado da amizade entre os seus nove compoñentes, todos eles vencellados a distintas agrupación corais galegas (Collegium Compostellanum, Madrigalia, Coro da orquestra Sinfónica de Galicia, Orfeón Terra a Nosa, etc.). Conta con membros instrumentistas de recoñecido prestixio. No ano 1992 comezou a súa andaina co único pretexto de alegrar coa súa música as diversas celebracións de amigos e familiares, pero co tempo, esta actividade que para eles segue sendo un divertimento, converteuse nun labor recoñecido e revalorizado, xa que o grupo comezou a ser solicitado a cotío por todo tipo de actos, sociais, relixiosos, civís e mesmo didácticos, así como numerosos concertos. A súa sona levounos a ser solicitados para participar en diferentes celebracións de fora das fronteiras galegas. O seu repertorio, que amosa unha grande inquedanza pola permanente busca de novas pezas, abrangue todos os estilos dende o Medievo ata os nosos
MEMBROS
Director:
- José Luis Vázquez López
Compoñentes:
- Javier Blanco Blanco (tenor)
- Luis López García (tenor)
- Isabel Pereiro Raposo (soprano)
- Juan José Raíces Silva (baixo)
- Olga Raíces Silva (soprano)
- Manuel Ramón Tojo Fernández (tenor)
- José Luís Vázquez López (baixo)
- Isabel Villoch Villoch (soprano y órgano)
Colaboradores:
- Chelo Millán Varela (contralto)
- Bernardo Dios Loureiro (baixo)
- Gloria Suárez Calvo (soprano)
- Isabel Sobrino Mosteyrin (contralto)
- Alejo Amoedo Portela (pianista)
- Juan Carlos Dorgambide Jambrina (baixo, director)
- Isabel Garrido (contralto)
REPERTORIO
Programas a capella:
- Polifonía relixiosa.
- Polifonía profana.
- Música relixiosa do Romanticismo.
- Programa de panxoliñas para Navidad.
- Programa relixioso de Semana Santa.
- Concertos didácticos de historia da música.
- Visualización musical (programa con soporte de imaxes da historia da arte).
- Monográfico de música galega.
- Programa relixioso para celebracións matrimoniais
Programas con piano:
- Monográfico de Vivaldi.
- Misa KV 140 de Mozart.
- A zarzuela e o “xénero chico”.
- Coros e arias de ópera.
Poderánse facer combinacións entres os distintos programas.
(read less)